CONCURSO DE CHRISTMAS DE INFANCIA MISIONEIRA. BASES

1.- CONVOCATORIA

Por mor da celebración da Xornada de Infancia Misioneira 2017, baixo o lema

“Sígueme”,

Obras Misionales Pontificias  e o Secretariado de Infancia Misioneira convocan,  diante das festas do Nadal de este 2016, un concurso  de christmas, que recolla a visión dos nenos sobre o Nadal.

O concurso consiste no deseño dunha tarxeta con motivos do Nadal

Premiarase a orixinalidade e a beleza da mesma

2.- NORMAS

O concurso terá dúas fases: diocesana e estatal.-

Poderán presentarse nenos  de entre 6 e 12 anos.

– O tema dos christmas será o Nadal, terase en conta tamén o lema da Xornada da Infancia Misioneira: “Sígueme”.

– Cada participante poderá presentar tan só un christma.

– O debuxo realizarase nunha cartolina branca, tamaño cuartilla, evitando os deseños en relevo para facilitar a edición dos traballos premiados.

– Poderán  utilizarse os materiais  de pintura ou debuxo que prefira o neno autor (lapis de cores, ceras, acuarela, témperas, etc..).

– Nas tarxetas do Nadal farase constar: nome do participante, idade, dirección, e no seu caso, colexio ou freguesía na que participa.

– Todos os christmas presentados no concurso diocesán poderán ser expostos na Delegación de Misións, así como na Dirección Nacional das Obras Misionales Pontificias.

3.- PRESENTACIÓN

O prazo do concurso comeza o 24 de outubro.

– Os christmas  deben presentarse, na fase diocesán, na Delegación de Misións correspondente,  ata o día 20 de novembro. Farase o envío por correo postal a: (Obras Misionales Pontificias, Rúa da Acibechería, 21 – 15704 Santiago de Compostela).Sinalando no sobre “Concurso de christmas de Infancia Misioneira”.

– Os orixinais deben presentarse sen dobrar, sendo recomendable realizar o debuxo nun tipo de papel algo groso.

– Un xurado diocesán elixirá dous gañadores, que  teran dereito a participar na fase estatal.

– As delegacións de Misións farán o envío dos dous christmas gañadores da primeira fase diocesán, por correo postal, á Dirección Nacional das OMP,  do 21 ao 27 de novembro, para  tomar parte na fase estatal.

– Do 28 de novembro ao 4 de decembro, nesta fase estatal, un xurado composto por  cinco membros elixirá  o christma gañador do concurso, e,  tamén un segundo e terceiro premio; o veredicto darase a coñecer o día 5 de decembro de 2016.-O resultado da votación, na fase estatal, publicarase na páxina web das OMP (www.omp.es).

4.- PREMIOS-

Todos os participantes na fase estatal recibirán  un diploma da Secretaría Xeral da Obra Pontificia da Infancia Misioneira.

– O autor do christma gañador recibirá un ordenador portátil como premio.

– O segundo e terceiro premio recibirán un libro electrónico.

– O debuxo gañador poderá empregarse como felicitación das Obras Misionales Pontificias  deste Nadal 2016.

5.- CONDICIÓNS LEGAIS-

A participación supón aceptar estas bases e a inapelable decisión do xurado.- Obras Misionales Pontificias reservase todos os dereitos sobre as obras presentadas para o seu posterior uso.- Os debuxos dos premiados non se devolverán, polo que  se recomenda aos autores quedar cunha copia.

omplogo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s