Enhorabuena a nuestro vecino y parroquiano más televisivo; por temporadas colaborador del coro parroquial y siempre dispuesto a colaboraciones cuando se le ha pedido.
Santiago, 8 de xuño de 2017.- O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se concede esta distinción a aqueles galegos e galegas cuxa obra, en calquera faceta da actividade humana, se considera merecedora do recoñecemento de toda Galicia. Estas distincións serán entregadas, como cada ano, o vindeiro 28 de xuño.
XOSÉ RAMÓN GAYOSO
Forma parte da historia viva da Televisión de Galicia, cadea na que comezou a traballar desde o mesmo día da súa inauguración, en 1985, a carón da falecida Mercedes Bouzón.
Desde entón, presentou programas como Entre nós, Boa noite, Lúa nova, O veciño do xoves, Corazonada, Adiviña quen vén esta noite, e Pensando en ti. Pero terminou por consagrarse como un dos rostros máis recoñecidos da nosa televisión da man do programa Luar.
Antes de iniciar a súa traxectoria televisiva, foi lanzador de martelo, avogado e compoñente do dúo musical Keltia, co que lanzou o LP Choca esos cinco.
